No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Wave

Xesús Pacheco

Ano do proxecto: 

WAVE, berce para nenos/as entre 0 e 7 meses.

O proxecto desenvolvido na EASD Antonio Faílde de Ourense acadou o Primeiro premio no XVIII Concurso de Deseño de Mobles “Ciudad de San Sebastián”.

“Wave” é un berce, inspirado en elementos protectores propios da natureza. Nel pódense distinguir tres partes:

• Una cama interior, a membrana. É unha hamaca tecida con lá natural que envolve ao neno como se dunha membrana ou crisálida se tratase.

• A estrutura exterior, a cuncha. A cama estará suxeita a unha estrutura curvada que actuará a modo de sistema protector, ademais posúe unha dobre función como mecedora.

• Sistema de movemento mediante auga. O berce aloxa dous recipientes con auga, nos que o líquido actúa como un péndulo xerando un movemento oscilante.

“Wave” non é un volume cilíndrico como semella, senón un prisma. Isto débese ao sistema construtivo, unha variante do sistema de curvado Kerf. Dita modificación consiste na introdución de cuñas de madeira nuns cortes executados previamente na cara interior do taboleiro. Ditas cuñas proporcionan un maior control da curvatura, ademáis de reducir a perda de resistencia mecánica producida ao efectuar os cortes.

Ir á portada de proxectos