Materiais: Faia, sapeli e nogueira.
Os insectos son os animais máis fermosos e descoñecidos da terra. As avelaíñas (moth), posúen ás de formas sinxelas e simétricas que destacan pola grande gama de cores presentes nos seus intricados debuxos xeométricos. Footman moth é o nome dunha desas bolboretas nocturnas, o cal se tomou emprestado para esta pequena mesa á que serviu de inspiración.
Footman significa en galego servente, o que tamén fai referencia ao seu uso: mesa de servizo.
Dous arcos de circunferencia que se xuntan nos extremos dan forma ó mesado: unha marquetaría formada por case trescentas pezas de madeira de faia, sapeli e nogueira. O debuxo que compoñen é contemporáneo e revitaliza a antigüidade da técnica. A asimetría das pezas individuais, feitas a man unha a unha, contrasta co resultado simétrico ó combinalas por cores. As súas tres patas consisten nunha prolongación ata o chan de varias destas pezas.
A simplicidade da aparencia da MESA DE SERVIZO FOOTMAN MOTH non fai referencia ao seu complicado proceso de elaboración, que a converte nunha peza única, valiosa e duradeira