Miguelanxo Prado na EASD
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tivo a sorte de poder contar, o pasado 19 de maio, coa presenza de Miguelanxo Prado, un referente da banda deseñada e da animación, ademais de un profundo coñecedor das nosas tradicións, ás que tan bo partido lles sabe sacar na súa obra. Os alumnos puideron coñecer de primeira man o proceso de creación dunha banda deseñada, tanto nas súas vertentes literarias coma artística.
Galería de imaxes