Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Eventos
 · 
Ebanistería Artística

SACANDO VIRUTA. Artesanía e deseño

Por

Ofelia Cardo

Publicado o

29/04/2021

Data: 29 abril / 26 maio

Lugar: Biblioteca Pública Nós Ourense

Organiza: EASD Antonio Faílde (Escola de Arte Superior de Deseño)

“Sacando viruta. Artesanía e deseño” realizada dende o departamento de Ebanistería Artística da  EASD (Escola de Arte e Superior de Deseño) Antonio  Faílde de Ourense. A exposición nace coa intención de mostrar os traballos realizados tras cinco anos do inicio dos Estudos Superiores da especialidade, coa intención de visibilizalos e facer balance do realizado.

O título da exposición ten o significado metafórico de extraer o material residual da madeira e construír a forma, tanto no sentido dos mobles e obxectos creados como no sentido de  formarse, de irse labrando como artesán ebanista.

As pezas mostradas son unha trintena, entre mobiliario e obxectos pequenos, e caracterízanse por unir proxecto e proceso nun camiño de aprendizaxe entre o manexo do material e a concreción do mesmo. 

A maioría dos obxectos situados en vitrinas son pezas pequenas realizados en talla que mostran as texturas da ferramenta sobre o material que se quere enxalzar. Trátase de contar historias que  constrúen significados evocados coa forma e os títulos, para así transcender ao mero uso funcional dos mesmos e achegarnos un valor estético engadido.

O mobiliario é de liñas limpas e atemporais onde se aplicaron técnicas de  ebanistería como a  taracea, os  torneados, os  ensambles e diferentes sistemas de  curvados, sendo as formas moi sinxelas pero os procesos artesanais moi complexos onde se unen artesanía e deseño para crear pezas únicas.

Se aposta por unha cultura do deseño que actualice as formas nun mobiliario contemporáneo, sempre tendo en conta o respecto á tradición, aos procesos e ao material, buscando a aprendizaxe do oficio, a renovación da linguaxe plástica e unha opción de crecemento sostible.

Participantes: Jairo Ramos, Alberto Salgado, Jesús Pacheco, Maikel Lorenzo, Carmen Muñiz, Daniel Vázquez, Iría Fernández, José Luis Fernández, Marcos Pérez, Fernando Ferradás, Manuel González, Tomás García, Ester Núñez, José Antonio Alonso, Abel Fernández, Carlos Santomé, Esther Pérez, Alex Fernández, Antonio López, Diego González, Fernando García, Jaime Vázquez, Luís Manuel Almonte e Marcos Ferro.

Volver á portada de novas →
Eventos
 · 
Ebanistería Artística
VER EN DIRECTO

Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →