Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Eventos
 · 
Ebanistería

Sacando viruta

Por

Gráfico

Publicado o

22/04/2021

Data: 29 abril/ 26 maio.

Lugar: Biblioteca Pública de Ourense.

O 29 de abril ábrese a exposición Sacando viruta. Artesanía e deseño realizada desde o departamento de Ebanistería Artística da EASD (Escola de Arte e Superior de Deseño) Antonio Faílde de Ourense. A exposición nace coa intención de mostrar os traballos realizados tras cinco anos do inicio dos Estudos Superiores da especialidade, coa intención de visibilizalos e facer balance do realizado.

O título da exposición ten o significado metafórico de extraer o material residual da madeira e construír a forma, tanto no sentido dos mobles e obxectos creados como no sentido de formarse, de irse labrando como artesán ebanista.

As pezas mostradas son unha trintena, entre mobiliario e obxectos pequenos, e caracterízanse por unir proxecto e proceso nun camiño de aprendizaxe entre o manexo do material e a concreción do mesmo.

Os obxectos situados en vitrinas son pezas pequenas realizados en talla que mostran as texturas da ferramenta sobre o material que se quere enxalzar. Trátase de contar historias que constrúen significados evocados coa forma e os títulos, para así transcender ao mero uso funcional dos mesmos e achegarnos un valor estético engadido.

O mobiliario é de liñas limpas e atemporais onde se aplicaron técnicas de ebanistería como a taracea, os torneados, os ensambles e diferentes sistemas de curvados, sendo as formas moi sinxelas pero os procesos artesanais moi complexos onde se unen artesanía e deseño para crear únicas.

Apóstase por unha cultura do deseño que actualiza as formas nun mobiliario contemporáneo, sempre tendo en conta o respecto á tradición, aos procesos e ao material, buscando a aprendizaxe do oficio, a renovación da linguaxe plástica e unha opción de crecemento sustentable.

Tamén teremos a charla-conferencia Facendo Marca. Artesanía de Galicia o día 29 de abril a cargo de Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia. Celebrarase con límite de aforamento e prioridade para o alumnado de Ebanistería artística.

Alumnado e exalumnado participante: Jairo Ramos, Alberto Salgado, Jesús Pacheco, Maikel Lorenzo, Carmen Muñiz, Daniel Vázquez, Iría Fernández, José Luís Fernández, Marcos Pérez, Fernando Ferradás, Manuel González, Tomás García, Ester Núñez, José Antonio Alonso, Abel Fernández, Carlos Santomé, Esther Pérez, Alex Fernández, Antonio López, Diego González, Fernando García, Jaime Vázquez, Luís Manuel e Marcos Ferro.

https://www.instagram.com/ebanisteriaeasd/?hl=é

https://www.instagram.com/easdantoniofailde/?hl=é

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Ebanistería
VER EN DIRECTO

Sacando viruta

Artesanía e deseño. Departamento de Ebanistería artística da EASD Antonio Faílde

Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →