Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
Premios

Xurado Premios Mestre 2018

Por

Secretaría

Publicado o

25/01/2018

Para seleccionar os proxectos finalistas e fallar os Premios Mestre 2018, a EASD Antonio Faílde pediu a colaboración de alguns/has dos/as profesionais mais salientábeis e prestixiosos de Galiza, de perfil multidisciplinar, que abranguen varios ámbitos de actuación das artes aplicadas e o deseño. Agradecemos a participación de Pepe Barro, Juan Rodríguez, Arturo Álvarez e Sara Coleman, un xurado de luxo, ben representativo da creatividade do país.

Pepe Barro

Pepe Barro ( Pontedeume, 1955 ) exerce a profesión desde 1972. En 1977 toma conta do proxecto gráfico de A Nosa Terra, alén de outros proxectos para editoriais, grupos de teatro, revistas, etc… En 1985 co-funda o Grupo Revisión Deseño, desde o que elabora numerosos proxectos no ámbito da identidade e comunicación visual, que forman parte xa da historia do deseño gráfico galego e estatal, tal e como recoñeceu a referencial Historia del Diseño Gráfico de Enric Satué. Algúns dos seus traballos mais coñecidos son os primeiros “cuponazos” da Once, a camiseta da Selección Galega de Fútbol, a web da Real Academia Galega, a renovación da Casa de Rosalía de Castro.En 2000 o Museo Reina Sofía, elixiu o de Turgalicia coma un dos cen signos do século XX. Recentemente ten deseñado montaxes de exposicións como a de deseño de moda galega no CGAC “Con-Fío en Galicia” ou a itinerante “Saúde e Terra Irmá(n)s” sobre as Irmandades da Fala Ten recibido numerosos premios como o da Crítica Galega e formado parte de xurados como o dos Premios de Deseño Galicia, Signes, Laus, AEPD, etc… Pepe Barro é autor de numerosos ensaios sobre o Deseño, recentemente compilados no libro O cómo é o que conta.

Juan Rodríguez

Juan Rodríguez ( A Coruña, 1960), arquitecto de formación pero atraído pola fotografía desde os 16 anos, dedícase en exclusiva a dita práctica desde 1984. Ademais de fotografía de arquitectura, na que destaca o seu traballo como co-editor da revista A.Mag. International Architecture Technical Magazine, desempeñou o seu labor profesional noutras disciplinas tales como a moda, a publicidade e especialmente a fotografía documental. Entre as súas exposicións individuais cabe destacar Beyond Black, Palacio de Exposicións Quiosco Alfonso- A Coruña 2013, Arquitectures, Fundación FORUM, Tarragona 2011, All Things Must Pass _ Valid Foto Barcelona, 2010, Patagonia Instituto Cervantes Chicago, 2005, La Ciudad Minuto a Minuto – PhotoEspaña, Madrid 2011. A súa obra forma parte de coleccións tanto públicas como privadas entre as que se atopan a da Maison Européenne da Photographie en París, A do Museo Nacional d´Art de Catalunya en Barcelona ou Sondra Gilman Collection, Nova York.

Arturo Álvarez

Arturo Álvarez ( Pontevedra, 1964) é un consolidado creador recoñecido con importantes premios tanto dentro como fóra de España, polas súas achegas conceptuais ao mundo da iluminación de deseño. As súas creacións encontrámolas en Gran Bretaña, Francia, Estados Unidos, Australia, etc…. Desenvolve desde o principio un estilo propio e recoñecible de forte personalidade. Manexa con soltura formas, volumes e fontes de luz dunha forma sinxela e elegante, mesturándoos con mestría e achegando unha nova visión da iluminación creativa, chegando a concibir nos espazos montaxes lumínicas e escenográficas sorprendentes. Na actualidade Arturo Álvarez está a desenvolver novas formas de expresión, coa luz como fío condutor e como protagonista o ser humano e as súas relacións, coas súas luces e as súas sombras, encontros e desencontros. No últimos dez anos vén realizando unha labor exhaustiva de experimentación e investigación desenvolvendo os seus propios materiais que lle permitan maior liberdade creativa e expresividade. Crea e patenta SIMETECH® un material traslúcido que permite moldearse e conseguir texturas diversas. O seu compromiso coas novas xeracións de creadores lévao a convocar o Premio Arturo Álvarez de Xóvenes Talentos.

Sara Coleman

Sara Coleman ( A Coruña, 1980) Artista e deseñadora de formación híbrida, Sara Coleman é unha creadora inquieta que se enfronta constantemente a novos interrogantes. Recentemente foi galardoada co Primeiro Premio ArtsFAD 2017 e é colaboradora e profesora no Máster en Moda, Arte, Cultura e Sociedade da Universidade da Coruña. No ano 2007 funda a súa propia marca de moda: SARA COLEMAN_Organic Design, presentando as súas coleccións de moda na pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid e en feiras internacionais do sector téxtil, actividade que veu compaxinado coa docencia en distintas escolas e institucións. Ao longo da súa carreira profesional traballou como deseñadora e patronista para diversas empresas do sector téxtil, ao mesmo tempo que realizou colaboracións como deseñadora de vestiario para Artes Escénicas e como estilista en diferentes producións de moda e montaxes expositivas. No seu continuo interese polos procesos, a creación e a investigación artística realizou diferentes talleres. En paralelo a estas actividades, e consciente do seu propio interese en desenvolver un traballo máis persoal, Sara Coleman atópase actualmente en pleno proceso de investigación e experimentación no ámbito artístico.

PREMIOS MESTRE 2018 (http://www.escolarte.com/premios-mestre-2018/)

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Premios
VER EN DIRECTO

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →