Data de inauguración: Luns 24 de abril ás 11:30h.
Lugar: Hall de entrada da EASD Antonio Faílde.
David Diz Borrajo é tatuador desde hai 15 anos. Comezou co mestre Nortes en Tatuaxes Costa Oeste de Vigo e estes días cúmprense 10 anos do seu propio estudo Secret Bridge Tattoo en Ourense. Ademais de facer tatuaxes, está moi involucrado na escena músical underground galega, participando na edición de discos, organizando númerosos concertos e pinchadas de música en vinilo.
En 2016 lanzou o proxecto editorial de tatto flash “The old way book” xunto aos tatuadores Cardin de Gijon, Kuru de Barcelona, Sergio G. de Valladolid e Gonzalo M. de León. Esta primeira edición agotouse moi cedo e reeditouse en 2020 xunto ao 2º volume da serie. Agora mesmo están a traballar xa no 3º volume.
Tamén forma parte do colectivo de tatuadores e tatuadoras “F/S” que se reune unha vez ao ano e organiza una exposición de láminas orixinais independentes en distintas localizacións europeas.
David considera a tatuaxe como un oficio no que o importante é conseguir que o cliente obteña o tattoo que busca, sexa do estilo que for, aínda que co que máis desfruta, e ao que máis tempo dedica, é o estilo tradicional americano.
Nos seus deseños e pinturas tenta introducir elementos que forman parte do seu día a día, como as subculturas underground, os discos en vinilo de punkrock, reggae, soul, latin… e tamén elementos propios da cultura popular do seu lugar de procendencia.
Acompañará a David nesta palestra Simón Seoane, graduado en Belas Artes e exalumno da EASD Antonio Faílde de estudos superiores de deseño gráfico. É tatuador desde 2017 e en outubro de 2021 incorporouse a Secret Bridge Tatoo.
Instagram: @secretbridgetattoo