Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 

Conferencia de R2

Por

Dirección

Publicado o

13/10/2025

Data: Venres 24 de outubro ás 12:00h.

Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde

A EASD Antonio Faílde ten o pracer de anunciar esta palestra do prestixioso estudo R2 Design. É a segunda vez que visitan a escola, a primeira foi no marco das primeiras Xornadas de Arte e Deseño CREA no ano 2017.

R2 é o estudo dos deseñadores e artistas Lizá Défossez Ramalho (Troyes, Francia) e Artur Rebelo (Porto, Portugal). O traballo de R2 vai alén dos límites convencionais, alternando entre os proxectos bidimensionais típicos do deseño gráfico e as paisaxes arquitectónicas. O recoñecemento internacional dos proxectos innovadores de R2 ten contribuído a redefinir os límites da disciplina do deseño. Impulsados por un firme compromiso coa excelencia, adícanse con paixón á creación de proxectos de alta calidade, tanto conceptual como visual. R2 foi co-fundado en 1995 e traballa con institucións culturais e clientes comerciais en campos que van desde a cultura e o estilo de vida ata a industria. O enfoque multidisciplinar de R2 permítelles responder eficazmente a unha ampla gama de proxectos, desde a sinalización de encoros no río Douro (xunto co estudo do prestixioso arquitecto Souto de Moura) ate moitas imaxes de marca que inclúen o uso de tipografía no teito de edificios (Casa do Conto, Porto) ou a complexa identidade gráfica dun museo con máis de 14 localizacións (Museu do Porto). Os seus proxectos máis recentes inclúen a imaxe corporativa para Évora 2027, Capital Europea da Cultura en 2027, así como para Vhils Studio.

Ramalho e Rebelo teñen recibido numerosos premios e recoñecementos internacionais, como o Grand Prix da Bienal de Brno (República Checa), varios galardóns Premier outorgados pola Sociedade Internacional de Deseñadores Tipográficos (Reino Unido) e da Sociedade para o Deseño Gráfico Ambiental (Estados Unidos), e o Gold Prize na Trienal Internacional do Cartel de Toyama (Xapón). Algunhas das súas pezas orixinais tamén se atopan en coleccións de museos internacionais coma o Museum für Gestaltung (Zúric, Suiza), o Museum of Modern Art (Toyama, Xapón) e o Musée des Arts Décoratifs (París, Francia). E aparecen catalogados no libro History of Graphic Design publicado pola editorial Taschen no 2018.

Artur Rebelo é doutor pola Universidade de Coimbra (Portugal), onde actualmente imparte clases de Deseño e Multimedia, mentres que Lizá Ramalho é doutora en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, bolseira pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (Portugal). Ambos son membros da AGI, American Graphics Institute, desde 2007 e co-organizadores do Congreso AGI/Open Porto en 2010.

Instagram: @r2design.pt

Web: r2design.pt

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
VER EN DIRECTO

Conferencia de R2

Venres 24 de outubro ás 12:00h. Salón de actos da EASD Antonio Faílde

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →