Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores 2025/26

Por

Dirección

Publicado o

23/04/2025

Publicada a Resolución do 7 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2025/26.

Toda a información referente ao procedemento de acceso ás ensinanzas artísticas superiores estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como na páxina de inicio da aplicación EAS. As persoas admitidas no procedemento -que dispoñan de DNI ou NIE- terán opción de consultar as listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións na súa área persoal de EAS nos prazos establecidos na resolución.

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 6 de xuño, ambos os dous incluídos.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Na solicitude deberase indicar, por orde de preferencia, a especialidade que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderase solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as ditas probas.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría de calquera das escolas de arte e superiores de deseño.

Guía do proceso de inscrición do acceso ás ensinanzas superiores

Información a consignar nos impresos de pagamento de taxas:

Consellería
Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional. Código: 07
Delegación
Ourense. Código:30
Servizo
Ensino Medio. Código 03
Denominación
Estudos Superiores de Deseño. Código 352600
Obxecto de Pago
Inscrición para o acceso aos estudos superiores de deseño curso 2025/26

Ademáis do resto da documentación necesaria para tramitar o procedemento (ver o punto terceiro das Instrucións para o acceso e a admisión aos estudos superiores de Deseño), deberase entregar o xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto co certificado de exención ou redución correspondente, se é o caso:
· Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).
· Modelo AI.
· Modelos 730 e 731, xerados electrónicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso poderá ser telemático (cargo en conta ou tarxeta) ou presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Este pagamento non poderá ser fraccionado.

RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:

FASE DE INSCRICIÓN
Do 23 de abril ao 6 de Xuño · Prazo de inscrición
9 de xuño · Listaxe provisional de persoas admitidas.
10 e 11 de xullo ·
Reclamacións contra a listaxe provisional.
13 de xullo ·
Listaxe definitiva das persoas admitidas para a realización da proba específica.

FASE DE PROBAS
20 de xuño · Probas específicas para o acceso aos estudos superiores de deseño nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño.
30 de xuño ·
Cualificacións provisionais.
1 e 2 de xullo · Reclamacións contra as cualificacións provisionais.
4 de xullo · Cualificacións definitivas da proba específica.

FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
8 de xullo · Publicación de listaxe definitiva de adxudicacións de prazas.
9 ao 11 de xullo · 1º período de formalización de matrícula para o curso 2025/26.
15 de xullo ·
Publicación da segunda adxudicación de prazas.
16 ao 18 de xullo · 2º período de formalización de matrícula para o curso 2025/26.
Primeiros de setembro · Probas de acceso extraordinarias no caso de aínda existir vacantes.

Ir á portada de novas
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso
VER EN DIRECTO

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores 2025/26

Convocatorias e instrucións

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →