Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso

Probas de acceso e admisión para os Estudos Superiores de Deseño 2024/25

Por

Dirección

Publicado o

25/04/2024

Publicada a Resolución do 16 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan as instrucións para o acceso e admisión do alumnado nos estudos superiores de Deseño para o curso 2024/25.

Instrucións para o acceso e admisión aos estudos superiores de Deseño

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 21 de maio, ambos os dous incluídos. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúeo requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de xuño, inclusive.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das Escolas de Arte e Superiores de Deseño. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.

Na solicitude deberase indicar, por orde de preferencia, a especialidade que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderase solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as ditas probas.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría de calquera das escolas de arte e superiores de deseño.

Prazas ofertadas:
Estudos Superiores de Deseño Gráfico: Total 25 prazas.
20 prazas para acceso con proba (das que se reservan 2 prazas para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 5 prazas para acceso directo.

Estudos Superiores de Deseño de Interiores: Total 25 prazas.

Información a consignar nos impresos de pagamento de taxas:

Consellería
Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional. Código: 07
Delegación
Ourense. Código:30
Servizo
Ensino Medio. Código 03
Denominación
Estudos Superiores de Deseño. Código 352600
Obxecto de Pago
Inscrición para o acceso aos estudos superiores de deseño curso 2024/25

Ademáis do resto da documentación necesaria para tramitar o procedemento (ver o punto terceiro das Instrucións para o acceso e a admisión aos estudos superiores de Deseño), deberase entregar o xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto co certificado de exención ou redución correspondente, se é o caso:
· Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).
· Modelo AI.
· Modelos 730 e 731, xerados electrónicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso poderá ser telemático (cargo en conta ou tarxeta) ou presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Este pagamento non poderá ser fraccionado.

RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:

FASE DE INSCRICIÓN
Do 26 de abril ao 21 de maio · Data límite de presentación de solicitudes que se teñan que acoller á realización da proba substitutiva do Bacharelato. Telemática ou nas EASD.
23 de maio · Listaxe provisional de persoas inscritas admitidas para a realización da proba substitutiva.
24 e 27 de maio · Reclamacións contra a listaxe provisional.
28 de maio ·
Listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización da proba substitutiva.
25 de xuño · Data límite de presentación de solicitudes que non se teñan que acoller á realización da proba substitutiva do Bacharelato. Telemática ou nas EASD.
27 de xuño · Listaxe provisional de persoas admitidas.
28 de xuño e 1 de xullo ·
Reclamacións contra a listaxe provisional.
3 de xullo ·
Listaxe definitiva das persoas admitidas para a realización da proba específica.

FASE DE PROBAS
30 de maio ·
Proba substitutiva do Bacharelato no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
4 de xuño ·
Cualificacións provisionais.
5 e 6 de xuño ·
Reclamacións contra as cualificacións provisionais.
10 de xuño ·
Cualificacións definitivas.
5 de xullo · Probas específicas para o acceso aos estudos superiores de deseño nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño.
10 de xullo ·
Cualificacións provisionais.
11 e 12 de xullo · Reclamacións contra as cualificacións provisionais.
16 de xullo · Cualificacións definitivas da proba específica.

FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
18 de xullo ·
Publicación de listaxe provisional de adxudicacións.
19 e 22 de xullo ·
Período de reclamación contra a adxudicación provisional.
23 de xullo · Publicación de listaxe definitiva de adxudicacións de prazas.
24 e 26 de xullo · 1º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25.
29 de xullo ·
Publicación da segunda adxudicación de prazas.
30 e 31 de xullo · 2º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25.
Primeiros de setembro · Probas de acceso extraordinarias no caso de aínda existir vacantes.
Antes do 2 de setembro · Publicación da terceira adxudicación de prazas.
2 e 3 de setembro · 3º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25.
4 de setembro ·
Remisión á Dirección Xeral de Formación Profesional da listaxe de matrículas e vacantes.

Ir á portada de novas
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso
VER EN DIRECTO

Probas de acceso e admisión para os Estudos Superiores de Deseño 2024/25

Prazo de inscrición aberto

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →