Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
Gráfico

Tipografía e neutralidade

Por

Gráfico

Publicado o

20/03/2012

Data: 27 de fevereiro de 2012.

Fantástica palestra que Marcos Dopico impartiu na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde de Ourense o 27 de fevereiro de 2012.

Marcos Dopico Castro é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, deseñador gráfico e profesor de deseño na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e nos Estudios Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. Asimesmo colabora como docente en diferentes masters e doutoramentos nos ámbitos do deseño e a comunicación.

No ámbito da investigación ten publicados dous libros: “Propuestas para un diseño normal” 2009 na editorial Ellago, e “Arqueología tipográfica: La evolución de los caracteres de palo seco” 2011 na editorial Campràfic, ambos centrados na influencia da modernidade no deseño contemporáneo.

É ademais director da Área de Imaxe da Universidade de Vigo e presidente da DAG Asociación Galega de Deseñadores.

TIPOGRAFÍA E NEUTRALIDADE: DO ESTILO SUIZO INTERNACIONAL A ÉPOCA DA GLOBALIZACIÓN

Dentro do mundo do deseño gráfico os valores asociados á neutralidade sempre foron usados en favor dunha idea de funcionalidade, dun tipo de deseño como ferramenta de uso universal. Dentro deste debate, a tipografía é unha das disciplinas que máis claramente intentaron materializar esta idea, que se asociou ao xénero dos tipos sanserif. O punto álxido deste fenómeno alcanzouse na época do Estilo Suízo Internacional cos deseños tipográficos das lineais neogrotescas que deron resposta ás novas demandas deste movemento. Xa no século XXI, un interese revivalista pola tipografía neutra e unha demanda de tipos de aparencia racional provocou nas últimas décadas unha proliferación de deseños tipográficos que continúan o modelo de éxito desta herdanza suíza.

Esta charla fará un repaso polas orixes da tipografía lineal sanserif, a súa adopción por parte do Estilo Suizo Internacional e a continuidade desa idea de neutralidade no deseño contemporáneo.

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Gráfico
VER EN DIRECTO

Tipografía e neutralidade

DO ESTILO SUIZO INTERNACIONAL A ÉPOCA DA GLOBALIZACIÓN

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →