Data: Venres 12 de decembro ás 12:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde
O ilustrador e animador Martín Romero visitará a nosa escola para presentar a súa curtametraxe To bird or not to bird, gañadora do Goya 2024 á Mellor Curtametraxe de Animación.
Unha peza que ofrece unha ollada crítica e caleidoscópica ao mundo actual, narrada a través das vivencias traxicómicas e esperpénticas de varios paxaros. Nun mundo dominado polo ser humano, estas criaturas acaban adoptando os nosos mesmos hábitos, preocupacións e obsesións.Romero ofrecerá unha conferencia na que falará deste proxecto, do seu proceso de traballo e do seu particular universo creativo.
Web: martinromero.es
Instagram: @martin__rom