No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Proxecto de Fin de Estudos

Infinity Data: A colección editorial

Iván Fernández Pérez

Ano do proxecto: 

2021

Proxecto de Fin de Estudos

Este proxecto nace como unha resposta ó éxito colleito por Marvel Studios nas salas de cinema gracias á franquicia coñecida baixo o nome de Universo Cinematográfico de Marvel. Ante a continua estrea de novos filmes por parte do estudo e á ausencia dun produto editorial destinado ós máis fanáticos, xorde a idea de lanzar unha colección editorial de venta en quioscos.

A colección componse dun total de 23 números, nos que se afonda, se analiza e se anota cada un dos filmes que compoñen o arco argumental coñecido como Saga do Infinito. Os números contan cunha encadernación en tapa dura e cun diseño limpo e ordenado. No interior amósanse datos de cada cinta como poden ser: os tipos de plano, personaxes, paletas de cores ou uso da banda sonora. Asemade, conta con anotacións das curiosidades da rodaxe ou referencias aos cómics orixinais.

A colección promove a venta en quiosco no canto da suscripción online. Para iso facilítase unha cartilla de puntos que, conforme esta se vai enchendo con cada nova entrega adquirida, pódese optar ata por tres obsequios: Un xogo de láminas metálicas impresas cos tres fotogramas máis valorados, un xogo de marcapáxinas e un xogo de suxeitalibros para soster a colección.

O primeiro número publícase cun tríptico que explica os aspectos técnicos da linguaxe cinematográfica. Así mesmo, cos primeiros números faise uso dun PLV para protexer o fascículo e servir como reclamo publicitario dende o mostrador do quiosco. A colección conta tamén con carteis, unha conta de Instagram, unha newsletter mensual e un anuncio en formato televisivo para emitir as primeiras semanas de lanzamento.

Iván Fernández Pérez

ivo.grafico@gmail.com

Ir á portada de proxectos