Avalon é un videoxogo RPG que conta a historia dun mundo de fantasía creado por Jóel Gómez Cendón, baseado no conflicto entre Urian, rei dos anxos, e unha ameaza maior que fará que os personaxes pasen por todo tipo de aventuras para salvar a realidade que coñecen.
Neste caso se deseñaron tres personaxes: Urian, o protagonista principal, Dante, maestro de todas as maxias; e Kouri, gardiana do Vacío. O obxectivo principal do proxecto foi o de plasmar visualmente os distintos aspectos deste mundo ficticio, poñendo especial énfase nos detalles dos personaxes e a súa caracterización. Para este fin creáronse diversas follas de referencia, tanto respecto as expresións dos personaxes (en prol de facilitar a comprensión das suas personalidades) como de props e vestimentas. Procurouse dar toda a información posible sobre mataríais e texturas, chegando a crear materiais adicionais nalgúns casos para explicar o funcionamento dos traxes.
Ademais, estiveron presentes artes de concepto de environment, permitindo ter unha percepción máis sólida do mundo de fantasía e o seu aspecto para asegurar unha visualización xeral completa.