No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Moble bar PUNK

Antonio López

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto integrado

Material: Roble-MDF

Na nosa particular cocteleira introducimos formas xeométricas e angulosas, algo de Punk, un chisco de iconicidade, humor e o toque art-decó ofrecido polos seus espellos e luces…

Con todo iso concibimos PUNK, un moble bar que non pasa desapercibido.

PUNK é un moble bar diferente, rechamante e co seu punto rebelde. Está formado por dous corpos tronco piramidais, invertido un respecto ao outro e lacados en branco. O seu corpo inferior achega un espazo para botellas e no corpo superior bríndanos un aloxamento para copas e vasos.

As súas dúas portas superiores poden estar apoiadas sobre guías para crear un pequeno mostrador que xera o ambiente óptimo para pousar a nosa copa. As guías están realizadas en carballo e cando non son usadas intégranse na parte central, entre os dous corpos.

Todo o conxunto apóiase sobre catro robustas patas de carballo en estípite invertida, dando contraste sobre o lacado branco.

Os pinchos de carballo, na parte superior, son os que lle dan o carácter Punk ao moble. Desafían a que os toquedes…

Ir á portada de proxectos