No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

Soma, salsas libres de estereotipos culturais

Antía Antepazo Janeiro

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Soma nace da necesidade de mellora social que vivimos, aplicada ás pequenas cousas cotiás.

O deseño pode ser unha gran ferramenta para combater prexuízos e xerar novos códigos visuais sen caer en estereotipos. Esta é a razón de ser de soma, unha marca de salsas internacionais a cal busca escapar de estereotipos culturais centrándose no produto e a cultura do seu país de orixe.

Os estantes están repletos de ruído, colmados de etiquetas que representan prexuízos culturais á conta de indicar ao consumidor o país de orixe. Un problema invisibilizado que este proxecto busca emendar.

Soma busca centrarse na representación do produto mediante a súa fragmentación, usando tipografía para encarnar cada ingrediente e facer que esta compoña imitando a forma natural do movemento do mesmo. Isto fai que, xogando coas transparencias, a etiqueta e a salsa fusiónense mostrando un produto de calidade, sen nada que ocultar.

O resultado gráfico confire a esta marca un estilo contemporáneo, transparente, dinámico e diferenciador, mostrando á súa vez, tras cada bote, chiscadelas culturais á forma de preparar as salsas que posúe cada país ou rexión.

Este é un pequeno proxecto centrado en usar o deseño gráfico como unha ferramenta comunicativa, máis aló do estético.

Ir á portada de proxectos