No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

As fillas da noite

Alba Carreira Gómez

Ano do proxecto: 

2022

Proxecto Integrado

Este proxecto consiste na creación dun libro ilustrado que simula un caderno de campo antigo, onde se conta a historia dun home galego, de nome descoñecido (John doe), que decide saír a percorrer Galicia en busca das famosas meigas, e recoller así, en forma de notas e bosquexos, todolos datos que vai recopilando.

Ao decidir crear este proxecto optei por mostrar unha parte de Galicia que me fascinou dende pequena e que sempre estivo moi presente, xa sexa en historias que nos contaban na escola, en contos que os meus avós repetían cando era pequena ou integradas no noso día a día de maneira sutil en forma de figuritas, beberaxes e mesmo castañas.

Para iso decidín escoller o ser do noso folclore máis emblemático, a meiga galega, pois por todos é sabido que Galicia foi, é e será, terra meiga repleta de maxia.

Ir á portada de proxectos