No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Musicatessen

Andrés Bonader

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Este proxecto é un encargo da empresa Incendiaria S.L. para a creación dunha nova marca e produto desde cero. A empresa foi fundada co fin de desenvolver un portal de noticias musicais alternativo, con contido aberto a todo tipo de xéneros musicais da escena alternativa como o indie, o rock, música urbana ou electrónica. Esta empresa ten como obxectivo xerar un produto que funciona como canle de difusión cultural e como marca de calidade. Desta forma, buscan valorar o interese patrimonial da escena musical alternativa, deixando os ingresos comerciais da industria en segundo plano, tomando a música como unha arte e non como un negocio. Este proxecto está planificado de acordo cos valores e a filosofía da compañía. Por esta razón, a comunicación da campaña debe, como responsabilidade social, situarse e apostar polo escenario alternativo de forma honesta e con un camiño transparente.

Seguindo este obxectivo, a difusión cultural e a diversidade están no corazón deste proxecto. Outro punto chave é a necesidade de xerar un produto óptimo de fácil acceso ao público, formulando unha efectiva, dinámica, moderna e atractiva campaña de comunicación.

Por tanto, tómanse como referencias diferentes movementos artísticos segundo o noso propósito, como a arte cinética ou o surrealismo, agregando valor ao proxecto.

Ir á portada de proxectos