No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Mesa Aguda

Abel Fernández Domínguez

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Materiais: Chapado de nogueira, cerdeira, freixo e carballo.

AGUDA xurde da composición con figuras xeométricas puras na que diferentes triángulos equiláteros realizados en madeiras con marcados contrastes de cor, veta e textura como a noceira, cerdeira, freixo e carballo se agrupan entre si; incrustadas mediante un chapado feito a man nun mesado en madeira e chapa de faia con forma cadrada.

Dando continuidade ó mesado parten unhas patas triangulares unindo os vértices deste e creando unha estrutura que dá forma e carácter propio a esta mesa; proporcionando todo en si equilibrado orde e lixeireza estética do conxunto armado que gaña solidez e consistencia no ensamblado artesán do mesmo.

Liñas rectas, xeometría pura con delicadas formas e traballo complexo de ebanistería, fan de aguda una peza única.

Ir á portada de proxectos