No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Tumba

Olalla Fernández Espiñeira

Ano do proxecto: 

2020

O obxectivo deste proxecto é a creación dunha marca para un espazo cultural e de creación artística, onde serán ofrecidos unha serie de servizos relacionados con estes campos. Este espazo inclúe a creación de un colectivo de deseñadores e artistas.

Neste espazo terán lugar obradoiros, palestras e exposicións, xunto cunha tenda e un servizo de préstamo de libros.

Sendo este un espazo relacionado directamente co deseño, a marca non é só unha necesidade senón un valor engadido moi importante. Debido á intención de achegar o espazo a un público moi diverso precisamos dunha imaxe de marca potente pero simple. Óptase polo tanto por unha marca dinámica, cun identificador principal e outros auxiliares baseados neste mesmo.

Os obxectivos deste proxecto son o posicionamento como centro do deseño en Galicia así como converterse nunha ferramenta de creación e difusión do traballo do colectivo e de cultura, deseño e arte en xeral.

Ir á portada de proxectos