No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de interiores

F.I.G.E.

Miriam González Lamelas

Ano do proxecto: 

Proxecto final de Interiores

Fundación Innovadora da Gastronomía Ecolóxica

“Ecoloxía e sostibilidade unidas nun mesmo espazo”

A gastronomía goza hoxe dun momento como nunca antes se coñecera, e en especial na nosa comunidade garda un gran prestixio tanto pola innovación dos cociñeiros galegos como pola calidade do produto en si.

Este proxecto asentase no señorial Pazo de Castadón, no concello de Pereiro de Aguiar, coa finalidade da creación de FIGE, a Fundación Innovadora da Gastronomía Ecolóxica.

O entorno natural que enmarca e potencia este espazo intégrase no seu interior, mediante materiais e elementos sacados da propia natureza, insinuando así a sensación de liberdade dentro dun espazo pechado, tratando de fusionar os conceptos: bio, produtos naturais e unha arquitectura limpa e simple sen apenas transformación. Desta maneira gastronomía ecolóxica e arquitectura sostible fúndense no deseño de este espazo, co que se busca o acercamento e o contacto do produto dende a súa orixe ata a mesa.

F.I.G.E. é un espazo con dobre uso, diferenciando entre zona pública, destinada a charlas, conferencias e degustacións culinarias, mentres que a zona privada, enfocada á elaboración dos alimentos mais á ensinanza, en busca da unión entre a teoría e a práctica nesta disciplina.

Este centro ten como fin a formación e a investigación, así como a innovación e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía nas diferentes áreas das Ciencias Gastronómicas.Búscase renunciar á adulteración dunha profesión que sempre empregara produtos naturais. Revelar a falsa cociña froito de produtos de síntese ou de laboratorio e encamiñarnos en consonancia co que realmente demanda a sociedade, unha mesa máis verde, máis natural e máis acorde co territorio e a cultura propia, nun espacio acondicionado para esto e envolto nun entorno coherente cos principios desta fundación.

Ir á portada de proxectos