No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de interiores

Espazo exposicións

Alejandro Blanco Álvarez

Ano do proxecto: 

2018

Traballo Final de Estudos 2018

RECUPERACIÓN INTEGRAL DE EDIFICIO PARA ESPAZO DE EXPOSICIÓNS

Tanto o deseño como a arte son dúas disciplinas que existiron dende sempre, ambas cunha estreita relación entre si e con certas necesidades coma as de expresar sentimentos, emocións, narrar unha historia, ser interpretadas no momento de ser observadas ou cosiderarse o reflexo da cultura e como as persoas entenden o mundo. A conclusión desto é que todo o que se crea comeza cunha idea, un bosquexo, un trazo aleatorio que constrúe un elemento final que vai ser experimentado por alguén.

Partindo deste concepto procédese a realización dun centro destinado ó arte, no que a idea principal consiste en empregar a imaxe do boceto como elemento configurador de todo o espazo interior do edificio de xeito que queden enlazados todos os aspectos plantexados para o proxecto:

UNIR ARTE E DESEÑO

Toda obra de arte e de deseño parten dunha mesma orixe e pensamento, as cales se materializan mediante un proceso intermedio a base de estudos e debuxos que conducen á derradeira idea que se será levada a cabo.

UNIR DESEÑO E ARTE NUN MEDIO TANXIBLE

O deseño do espazo destinado a un centro artístico debe ter relación co que ahí se vai acontecer, polo que o boceto volve a ser ese nexo de unión, constituíndo un elemento perceptible, neste caso unha escaleira, a cal articula todo o espazo e enlaza indirectamente todas as actividades que se levan a cabo no edificio: exposicións, obradoiros artísticos…etc.

O resultado destas premisas é un edificio entendido como un todo conceptual, espacial e funcional, no que dende o momento que se accede todo queda enlazado e conduce a ser experimentado na súa totalidade.

Ir á portada de proxectos