No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Dostazas

Claudia López

Ano do proxecto: 

2020

Traballo Fin de Estudos

Dostazas é unha empresa que se adica a enviar tuppers a domicilio de comida caseira e totalmente libre de gluten.

A súa filosofía de traballo é axudar ás persoas a comer ben cada día independentemente do seu ritmo de vida, en especial ás persoas celíacas. Ademáis persegue normalizar e non etiquetar a estas persoas nin á propia marca, abríndose así a que clientes non celíacos proben os seus produtos.

A personalidade da marca é xove e moderna, cunha comunicación cercana, pero sen deixar de lado ao público obxetivo máis adulto. Tamén búscase transmitir a idea de que os produtos son caseiros, elaborados de xeito artesán e que teñen unha gran calidade, pero sen chegar a ser un produto de luxo.

Co seu nome, que provén do dito popular: “Non queres caldo, pois toma dúas tazas”, preténdese establecer un vínculo especial co consumidor, apelando aun remorso das orixes populares da comida caseira, así como na sensación de quedar cheo coa comida que lle vai chegar a casa.

Seguindo con esta idea de comunicación, créase un identificador con formas curvas e amables, pero con carácter.

O packaging creado é continuista coa imaxe de marca xuvenil e cercana, que non deixará indiferente ao cliente na experiencia unboxing, e permitirá que a empresa poida realizar os seus envíos de maneira correcta e eficaz. Así como a App, que ten unha navegación limpa e pragmática, o que complementa unha experiencia de usuario satisfactoria.

En definitiva o que se busca é crear unha identidade para a empresa a través dun identificador potente e un naming con gancho e memorable. Así como unha liña de packaging funcional e estéticamente atractivo, cunha app sencilla e funcional.

Ir á portada de proxectos