No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Coriolis

Maikel Lorenzo Quintairos

Ano do proxecto: 

2019

A idea para este cabinet xurde da observación no cotidiano, e neses contornos, formas ou siluetas que diariamente observamos sen reparar na beleza que poden posuír, ou pode emerxer deles/as extrapolándoos, como neste caso, a un material tan nobre como o pode ser a madeira. Xa que, precisamente, ó resultarnos tan comúns ditas liñas, non nos decatamos da delicadeza e encanto que poden encerrar.

Deste xeito, nace Coriolis. Unha peza inspirada nas infinitas e rítmicas siluetas que emerxen si observamos, de xeito un pouco afectivo, algo tan natural e ó mellor, tan familiar, como o é un mar picado ou lixeiramente embravecido.

Ese ritmo creado naturalmente, que mesmo semella non ter fin, e esa armonía de altibaixos, plásmanse neste obxecto, mediante a textura aplicada en todo o seu contorno. Ditas pezas elabóranse en nogueira do país, material escollido por o seu rico veteado, orixinándose así, un xogo de liñas ondeantes e tremorosas a partires do seu mecanizado, observándose só, visualmente afectada a súa continuidade formal, por medio dos distintos fragmentos introducidos en ton máis claro, a modo de anomalías. Buscando nese contraste, crear un xogo visual e favorecer as propiedades que por natureza posúe o material empregado.

Formando un corpo panelado sobre taboleiro de MDF de 10mm, érguese sobre o chan mediante catro patas a media estípite de tonalidade clara que se ancoran o módulo con espiga e caixa, respectivamente. Acadando un metro de altura total, inclínanse lixeiramente os apoios aumentando a súa estabilidade sen rebasar en ningún momento o perímetro exterior. Respectando a propia beleza natural do material en lugar de resaltala o seu acabado realízase unicamente cun encerado.

Ir á portada de proxectos