No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Caixa 20×20

Jose Luis Fernández Taboada

Ano do proxecto: 

2018

Este moble constrúese utilizando unha cuadrícula ortogonal de 20cm x 20cm, de aí o seu nome. Unha estrutura de listón de sección cadrada que envolve a peza e que achega unha dificultade de ensambles que enxalzan as unións. Os tons claros e a ausencia de tiradores ou ferraxes no seu exterior achegan limpeza e sinxeleza.

Este moble desempeña a función de mesa e colector, está dotado dunhas rodas ocultas baixo a estrutura que o eleva do chan. Consta de dous caixóns a distinto nivel, na parte inferior atópase o caixón de maior dimensión que funciona con guías corredeiras de extracción parcial e na parte superior un caixón máis pequeno con guías telescópicas de extracción completa.

Elaborado en madeira de fresno cun acabado en aceite incoloro e taboleiro MDF, lacado en branco constrúe un moble de liñas rectas, cubos e espazos baleiros que achegan unha gran limpeza formal.

Ir á portada de proxectos