No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Buzz

Ruth González

Ano do proxecto: 

2016

Trabalho Fin de Estudos. Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico. 2016

SETI é un acrónimo inglés Search for Extra Terrestrial Intelligence ou procura de intelixencia extraterrestre. Tratan de atopar vida extraterrestre intelixente xa sexa por medio da análise de sinais electromagnéticos capturadas en distintos radiotelescopios, ou ben enviando mensaxes de distintas naturezas ao espazo coa esperanza de que algún deles sexa contestado.

Utilizan o sistema BOINC, unha plataforma para a utilización da computación distribuída. Nela descárganse a aplicación propia do SETI (Seti@home), que grazas aos computadores dos usuarios desinteresados, poden desencriptar datos provenientes das radiofrecuencias. O problema é que esta app é moi pouco visual e non entendible se non es un físico da NASA, etc…

O proxecto versa sobre o deseño da interfaz para a aplicación do proxecto SETI, a fin de que os usuarios que apoian o proxecto de maneira máis comprometida, poidan entender que significan os datos que se descodifican dunha maneira moi visual e intuitiva.

Esta app vaise implementar na aplicación real Seti@home, converténdose nunha infografía que reinterpreta de maneira gráfica e audiovisual os datos obtidos polos computadores persoais dos usuarios que ceden o seu espazo (computación distribuída), para analizar os sinais desencriptadas.

O concepto baséase na representación gráfica e a sinxela comprensión por parte do usuario, dos datos científicos desencriptados e analizados.

Está presente en toda a identidade así como na aplicación, fomentando que o proxecto incremente o seu número de usuarios interesados e de doazóns. Trátase dunha gráfica baseada na legibilidad e óptima asimilación a un golpe de vista, favorecendo así as relacións entre usuario e os novos medios.

A aplicación consta destas características especiais e innovadoras:

1º- o usuario poderá elixir o lugar no Espazo para que BOINC envíe os datos dese lugar para analizar, escollendo o Sistema Solar, a Galaxia ou o Espazo Profundo.

2º- unha vez descodificados eses datos, envíanse de novo a BOINC para ser analizados e clasificados segundo importancia, procedencia e ruído.

3º- o usuario poderá visualizar nun apartado da app a simulación da interpretación dos datos analizados días antes, o resultado da análise, nunha especie de pictogramas representativos.

O proxecto consta destes apartados:

– Deseño do Branding e Identidade Corporativa da marca da app.

– STARDUST TYPE, tipografía baseada na retícula de 32×32 bits.

– Manual Corporativo.

– Un packaging de metacrilato cun usb no seu interior no que se gravará a app e enviaráselle ao usuario que doa diñeiro.

– O interior da caixa de metacrilato contén unhas cartas de metacrilato coa reinterpretación da mensaxe de Arecibo calado a láser.

– Vídeo teaser para difundir nas redes sociais e transmitir á público curiosidade, espectación e intriga, aproveitando a viralidad propia de internet, conseguindo así aumentar o número de usuarios e doantes.

Ir á portada de proxectos