No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Baga

Ágata Gavilán e Iván Fernández

Ano do proxecto: 

2019

BAGA ESTUDIO nace da paixón pola fotografía. Afincados en Galicia, recibimos a nosa formación na EASD Antonio Faílde, en Ourense.

Dende alí, construímos pouco a pouco a nosa liña de traballo ao redor da fotografía publicitaria, establecendo relacións de colaboración con outros

profesionais que nos permiten abarcar un maior mercado.

Traballamos día a día para acadar resultados atrevidos e inspiradores. Estamos en constante contacto coa cultura e coa información, absorbendo

todas as novidades en tendencias e tecnoloxía para optimizar os nosos resultados e sacarlle o máximo proveito ós produto dos nosos clientes.

Neste ámbito profesional é moi importante ser una esponxa e absorber canto te rodea. Pero non o é menos o reinventarse, e esa é a nosa filosofía. A filosofía BAGA. Non facemos fotografías, transmitimos sensacións. Hoxe en día, a calidade e a creatividade da imaxe que se proxecta tanto nas redes sociais como nas shop online é fundamental para que os nosos clientes teñan unha maior proxección e un maior crecemento comercial.

A nosa misión é facilitar ese desenvolvemento por medio de fotografías e contidos audiovisuais para publicidade, redes sociais, e-commerce… Nos que tentamos acadar sempre unha alta calidade.

BAGA ESTUDIO
Ágata Gavilán e Iván Fernández
691 50 16 22 / 666 89 03

Ir á portada de proxectos