Data: Venres 10 de novembro 19:00h.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Froito da colaboración entre a Praza de Abastos nº 1 de Ourense e a Escola de Arte Antonio Failde xorde este proxecto documental que agora toma forma de exposición, e co que pretendemos facer unha humilde achega á memoria histórica da cidade de Ourense, deixando constancia de como é este mercado emblemático. Un lugar que ao longo dá súa historia serviu non só como fonte de abastecemento, senón tamén como punto de encontro da cidadanía, e que agora vai a ser remozado para adaptarse as novas necesidades dos consumidores do século XXI.
Por medio deste basto traballo realizado no primeiro curso do Ciclo Superior de Fotografía do ano escolar 2016-17, queremos deixar constancia, non só de como era este lugar, amosando con claridade a súa arquitectura, senón tamén as súas actividades, os seus prazeiros, os clientes, os produtos, e outras actividades case descoñecidas como o lavado da roupa nos antigos lavadoiros. En definitiva, o Modus Vivendi deste espazo fundamental na vida da cidade.Gostariamos contar coa vosa presenza na inauguración da exposición, o próximo venres día 10 de novembro, ás 19h. no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.