Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
Gráfico

Pepe Barro

Por

Gráfico

Publicado o

16/03/2015

Data: Xoves 26 de marzo. 12:00h.

Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.

O deseñador Pepe Barro analiza diversas iconas de Rosalía de Castro e chega a conclusión de que hai tres visións de Rosalías que encarnan en tres imaxes distintas, mesmo contrapostas. Fotografía, ilustración e pintura mestúranse con poemas, cancións e análese iconográfico, nunha exposición oral ilustrada.

Pepe Barro

Do periodo 1972-1975 datan os primeiros traballos publicados por Pepe Barro, ligados a actividades culturais desenvlovidas en Santiago de Compostela. En 1977, sae á rúa o nº 0 d’A Nosa Terra, un periódico semanal en lingua galega, que nunha época de recuperación das liberdades democráticas, pon en circulación un novo proxecto informativo cunha cabeceira histórica da cultura galega. Con vinte e dous anos, recen rematados os seus estudos na escola EINA de Barcelona, Pepe Barro realiza o proxecto gráfico e ten a responsabilidade do deseño semana a semana, durante os dous primeiros anos de vida da publicación. Este proxecto asenta as raíces deste profesional en Galicia e orienta os seus traballos cara ó mundo da cultura galega —editoriais, grupos de teatro, revistas…—. En 1981 mostra os seus traballos na galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Co desenvolvemento dos órganos do goberno autónomo de Galicia xorden encomendas institucionais (memoria 1983 de SODIGA, Sociedade para o Desenvolvemento Industrial de Galicia, e proxectos para as primeiras actividades da Consellería de Cultura). En 1984 créase o efémero estudo de deseño BC&D (Barro, Campos e Díaz) e en 1985 Grupo Revisión Deseño, inicialmente con Pepe Barro, Xosé Díaz (até 1995) e Lia Santana, ao que logo se incorpora Xosé Salgado.

As revistas especializadas Línea Gráfica, On, De Diseño, Visual, Experimenta e Artegráfica teñen publicado reportaxes sobre Grupo Revisión.

Varios deseños deste estudo figuran no libro Historia del Diseño Gráfico en España, Enric Satué (Alianza Editorial, Madrid, 1997)

Os traballos de Barro, Salgado e Santana foron amosados nas exposicións Deseño en España (Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 1987). Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’sport olimpic, (Barcelona 1987). Design Spain (Design Museum, Londres, 1990). Galicien: Tradition und Design (Berlín, 1991). Signos del Siglo, 100 años de Diseño Gráfico en España (Reina Sofía, Madrid, 2000). Pasión, Spanish Design (Berlín, Viena, Salamanca, 2002 /Chicago 2003). Sin límites, visiones del diseño actual (Palacio de Sástago, Zaragoza, 2003). O Ministerio de Industria seleccionou un dos seus traballos para a Exposición de diseño español na Feira Industrial de Delhi (India), 15-20 febreiro de 2001. Todos polos dereitos humanos: en 2002 colaboran con Amnistía Internacional na exposición de 27 cartaces. A creación do necesario, aproximacións ao deseño en Galicia, MARCO de Vigo 2004, Homenaje al Quijote, Toledo 2005, Galicia en Cartel, cartelería turística de Galicia, Universidade de Santiago 2005, O lado da sombra, Fundación Seoane 2005, Desacuerdos, MACBA, Barcelona 2005. Listos para leer. Diseño de libros en España (Nova Iorque, outubro de 2005. 2006: México, Sao Paulo, Bos Aires…). Carteles de Autor, Museo de les Arts Decoratives, (Barcelona, 2008). I Bienal Ibero-Americana de Design, (Matadero, Madrid, novembro 2008 – febreiro 2009), Produce, consume recicla. Diseño de envase y embalaje (Círculo de Belas Artes, Madrid. Abril – xuño, 2009).

A Universidade de Santiago organizou unha exposición antolóxica dos seus proxectos (Nadal, 1997) baixo o título Conformando Ideas, editando un catálogo de 68 páxinas. Pepe Barro amosou os seus primeiros traballos nunha exposición na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela en 1981.

Premios. Individual ou colectivamente teñen recibido o Premio da Crítica Galega, Artes e ciencias da representación en 1983, o Premio Galicia de Deseño Gráfico en 1984, o Premio Xerais á cooperación editorial en 2000, o Premio Letra 2002 (SIGN-IFEMA) e o Premio AEPD de deseño en 2004.

O seu criterio ten sido requerido nos xurados dos premios de deseño Galicia (Ourense, 1985), Signes (Barcelona, 1995), Alimentaria (Barcelona, 1997), Laus (Barcelona, 1996) no concurso restrinxido que decidiu a identidade do Forum 2004 de Barcelona, ou nos Premios AEPD 2006.

www.gruporevision.net

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Gráfico
VER EN DIRECTO

Pepe Barro

Tres Rosalías

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →