DATAS E MODALIDADE DE MATRICULACIÓN
1 a 15 de xullo. Antigo alumnado de Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño e Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. De xeito telemático accedendo á aplicación CódexPro ou de xeito presencial na secretaría da escola.
MATRÍCULA ENSINANZAS PROFESIONAIS
MATRÍCULA ENSINANZAS SUPERIORES
27 a 30 de xullo. Novo alumnado de acceso 2020/2021 ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño. De xeito presencial na secretaría da escola.
28 a 31 de xullo. Novo alumnado de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. De xeito presencial na secretaría da escola.
O alumnado que se matricule pola modalidade presencial deberá solicitar cita previa no 988 238 365, 988 220 000 ou 988 391 073 e acudir á escola con mascarilla.
INSTRUCIÓNS MATRÍCULA TELEMÁTICA
INSTRUCIÓNS MATRÍCULA TELEMÁTICA
DOCUMENTACIÓN
– Solicitude de matrícula.
– Xustificante de pagamento do seguro escolar (1,12€) na conta da ABANCA ES78 2080 5252 9230 4001 3423. Só menores de 28 anos.
– Formulario de autorización de dereitos de imaxe (Recheable)
Se for o caso, achegarase tamén:
– Copia da solicitude de recoñecemento de créditos ECTS (Recheable)
– Copia da solicitude de bolsa ou axuda de estudos.
Ademáis o alumnado de novo acceso deberá traer.
– Certificación de superación da proba específica de acceso.
– 3 fotografías tamaño carné
PAGAMENTO DA MATRÍCULA
No caso das Ensinanzas Superiores de Deseño a aplicación CodexPro ou a propia EASD emitirá un resgardo da matrícula no que constará a cantidade a abonar. Poderá efectuarse o pagamento seguindo as instrucións seguintes.
Unha vez efectuado o pagamento o alumnado achegará á secretaría da escola ou remitirá a escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal o documento xustificativo de pago co asunto PAGAMENTO MATRÍCULA. Neste momento consideraráse formalizada a matrícula.
O alumnado que solicite recoñecemento de créditos ECTS ou bolsas de estudo, recibirá o resgardo de matrícula definitiva coa cantidade a abonar unha vez sexan resolvidas estas solicitudes. Na fase de matrícula provisional o alumnado solicitante de bolsas de estudo estará exento do pago de taxas e só abonará o importe do seguro escolar ate que a sua solicitude sexa resolvida.
Lémbrase ao alumnado que non abonar a matrícula suporá a anulación da mesma en todas as materias e a todos os efectos.
IMPORTANTE
Debe consultarse a normativa vixente das bolsas de estudo especialmente no relativo ao cumprimento dos requisitos de superación de créditos ECTS do anterior e presente curso que condicionen a concesión ou eventual devolución da bolsa.
Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
O primeiro curso é de matrícula completa: 60 ECTS. Os seguintes cursos, entre 30 e 75 ECTS máximo. Para estes efectos, non se terán en conta os créditos das disciplinas en que o alumnado teña solicitado o recoñecemento de crédito
É obrigatorio matricularse en primeiro lugar das disciplinas pendentes e de Formación Básica. As disciplinas de contidos progresivos de cursos superiores non poden ser avaliadas se previamente non están superadas as de cursos anteriores, polo que non se recomenda matricularse nelas se non se cumpre esta condición.
En caso de que por falta de demanda non poda impartirse unha das disciplina optativas ofertadas, esta será substituída por outra, consultado/a o/a alumno/a.
Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño
Poderase realizar a matrícula no segundo curso sempre que os módulos superados no primeiro curso supoñan un mínimo do 75% da carga lectiva.
Os recoñecementos de créditos e convalidacións deberán ser tramitados polo alumnado na web do Ministerio de educación na seguinte LIGAZÓN
Estas ensinanzas son gratuítas polo que non hai custes de matrícula, só de seguro escolar.