No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Sonámbula

Laura Pombo

Ano do proxecto: 

2021

Traballo Fin de Estudos

Trátase dun videoxogo indie RPG na súa versión DEMO, co obxectivo de promocionar un proxecto definitivo de videoxogo.

A historia de Sonámbula comeza en 2017 coa creación da súa protagonista, Rai, unha nena de 15 anos con problemas para adaptarse a vida social. Non se ve ben recibida na súa escola nin na casa, o cal a leva ao illamento.

Entre as poucas cousas que a reconfortan atópase un sono recorrente que a axuda a evadirse da realidade. Cando todo comeza a chegar a un límite na vida real, o sono toma unha nova forma, e un mundo de marabillas e misterios aparece ante os seus ollos, coma se renacera.

Agora Rai debe investigar que tan real é o que ve, e decidir si é mellor para ela ter unha nova oportunidade de ser feliz nesta estraña e luminosa dimensión, ou manterse esperta no mundo gris que sempre coñeceu.

O proxecto abarcou dúas partes diferenciadas: por un lado está a artística, que comprende a escritura do guión da demo, realización dos deseños e gráficos dos personaxes nos cadros de diálogo ou “faces” e de animación ao camiñar ou correr, entre outras, chamadas “charas”, deseño e produción do mapeado en capas e animado, elementos da escenografía, animacións do mapa e deseño do logo, cursor e interface de pantalla de título; por outro lado, a programación: comprensión do programa, busca e instalación de extensións ou “plugins”, creación de eventos, recompilación de sons e música ambiente e resolución de problemas.

Para o seu desenvolvemento foron necesarios o programa de desenvolvemento de videoxogos RPG Maker MV, o ClipStudio Pro para a creación do concept art e a maior parte dos gráficos, o Photoshop 2020 para as animacións.

O resultado é unha experiencia interactiva de fantasía e historias da vida cos seus propios diálogos, escenas e crebacabezas en forma de aplicación dispoñible para Windows.

Ir á portada de proxectos