No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Pack Solidario

Néstor Domínguez Lorenzo

Ano do proxecto: 

2019

A idea é a de crear un produto co fin de conseguir afiliados para os proxectos solidarios de nosas tres ONGS (UNICEF, UNESCO e GREENPEACE). De maneira que o usuario reciba un produto ecolóxico, útil, ademais de simbólico, a cambio da axuda recibida.

A estratexia consiste en cumprir os tres obxectivos dunha vida, que son:

Ter un fillo, escribir un libro e plantar unha árbore, cumprindo así este tres misións, nun mesmo acto e cun fin solidario.

O feito de colaborar con UNICEF representa a idea de ter un fillo, neste caso non creamos unha nova vida, pero salvámola e dámoslle unha oportunidade de vivir. Esta conterá un pequeno broche de tea en forma de corazón (representando unha vida) acompañado dun folleto totalmente informativo sobre esta organización.

O “libro” asociado a UNESCO, reflicte a nosa transmisión cultural ao neno apadriñado. Nós non escribimos o libro pero dámoslle os materiais necesarios para que o poida escribilo algún día. Contén un libro en miniatura, tan ben acompañado dun folleto informativo.

Por ultimo, a “árbore” asociado a GREENPEACE, dános unha actividade menos contemplativa que as outras dúas, pero moito mais participativa, xa que ofrece a oportunidade de que o doante plante as sementes e se ocupe delas, facéndolle ver como o seu esforzo e dedicación leva ao florecemento e mellora dunha nova vida nun mundo mais verde.

A terceira caixa contén dentro unha bolsa con sementes de Luffa (esponxas vexetais) que simboliza a axuda ofrecida para o desenvolvemento ecolóxico da zona á que vai destinada a axuda, acompañada tan ben dun pequeno folleto informativo.

Cada unha destas caixas destinará o 33% do total á súa ONG correspondente.

Proxecto Interdisciplinar coa colaboración de Sara Fernández (Costura e patronaje), Andrés Carpinteiro (Ebanista) e Estefanía Praza (Fotografía).

Ir á portada de proxectos