No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

O Bosque

Varios propietarios

Ano do proxecto: 

Ó longo da historia, os deseñadores intentaron modificar os espazos, xa sexa representando a propia realidade como distorsionándoa ata puntos case incomprensibles. Buscouse sempre a innovación, aínda que a maioría dos deseños xorden, como neste caso, da observación e inspiración na propia natureza e nas súas formas contorneadas, curvadas e suaves.

Estas pezas inspíranse na corrente organicista, nesas liñas que se crean naturalmente de forma arbitraria, nesa continuidade de curvas e no seu dinamismo. Este proxecto nace ao visualizar os perfís de señados revolucionados, como o fariamos nun torno en taller. Os seus volumes harmónicos, contínuos e estilizados recordaban a todo un mundo vexetal, xurdindo así, a idea de crear un bosque figurativo.

Coa serie O bosque, inténtase deseñar unha composición equilibrada e ordenada, coidando todos os detalles, desde a elección do material ata o seu acabado natural, de xeito que, ademais da súa función decorativa, se crea o ambiente propio dun bosque. Autores do proxecto: Alberto Salgado Caramés, Maikel Lorenzo, Xesús Pacheco, Jairo Ramos Rey.

Ir á portada de proxectos