No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Alén dos muros do soño

Laura Lobón Castro

Ano do proxecto: 

2016

Traballo Fin de Estudos 2016

Este proxecto propón unha narración alternativa sobre o relato Máis aló dos muros do soño de H.P. Lovecraft. Un relato de suspense e fantasía ambientado en 1900, en América, nun Sanatorio Mental. Trátase dun proxecto de simulación de estilo, unha ficción gráfica.

O produto consiste nun libro caixa con forma de arquivador. Este contén o relato de Lovecraft, renomeado como Memorias do Dr. Charles Slope, unha carta da nova directora do Sanatorio, que require a túa axuda para a investigación de casos similares, a ficha de ingreso en 1900 do paciente Joe Slater, uns planos actuais que reflicten as localizacións do relato, un mapa antigo de 1855, unha fotografía do Dr. Slope xunto á súa máquina telepática, varias imaxes que mostran as alucinacións de Joe Slater, unha noticia dun xornal de época e unha folla de arquivo, que enumera todos os documentos que forman parte da investigación.

Ir á portada de proxectos