search


NOSotras

DORRIBO_marta_nos_02

NOSotras
Mulleres independentes na sociedade actual
Un proxecto de MARTA DORRIBO
Este proxecto de fin de estudos tenta reflexionar sobre os fogares constituídos por unha soa persoa; neste caso, por unha muller.
Mulleres que viven dun xeito independente, sen unha parella estable, sen fillos e cun traballo que lles permite a independencia económica. Unha nova xeración que non rende contas a ninguén, tan só a elas mesmas. Para dar visibilidade a esa situación, tentei facer un retrato dende unha mirada
non patriarcal, evitando que a muller apareza como un obxecto mais ou menos sexualizado, ademais de fráxil e submisa. Pola contra, quería que estas
mulleres transmitisen toda a súa forza e a súa serenidade. Fotografei sempre no interior das súas casas, buscando a luz natural que entraba por unha ventá. No instante en que estas mulleres me miraron a través do obxectivo dinme conta que compartiamos moitas situacións na vida.
Por iso estas mulleres son o espello no que me miro, fágome un autorretrato a través delas, en diferentes lugares, en distintas vidas.
Marta Dorribo
690 09 63 86
marta_dorribo@hotmail.es

DORRIBO_marta_nos_03

DORRIBO_marta_nos_07

DORRIBO_marta_nos_08

DORRIBO_marta_nos_12