search


Baga

Bagdda

Baga Estudio
A experiencia profesional de ÁGATA GAVILÁN e IVÁN FERNÁNDEZ
BAGA ESTUDIO nace da paixón pola fotografía. Afincados en Galicia, recibimos a nosa formación na EASD Antonio Faílde, en Ourense.
Dende alí, construímos pouco a pouco a nosa liña de traballo ao redor da fotografía publicitaria, establecendo relacións de colaboración con outros
profesionais que nos permiten abarcar un maior mercado.
Traballamos día a día para acadar resultados atrevidos e inspiradores. Estamos en constante contacto coa cultura e coa información, absorbendo
todas as novidades en tendencias e tecnoloxía para optimizar os nosos resultados e sacarlle o máximo proveito ós producto dos nosos clientes.
Neste ámbito profesional é moi importante ser una esponxa e absorber canto te rodea. Pero non o é menos o reinventarse, e esa é a nosa filosofía. A filosofía BAGA. Non facemos fotografías, transmitimos sensacións. Hoxe en día, a calidade e a creatividade da imaxe que se proxecta tanto nas redes sociais como nas shop online é fundamental para que os nosos clientes teñan unha maior proxección e un maior crecemento comercial.
A nosa misión é facilitar ese desenvolvemento por medio de fotografías e contidos audiovisuais para publicidade, redes sociais, e-commerce… nos que tentamos acadar sempre unha alta calidade.
BAGA ESTUDIO. Ágata Gavilán e Iván Fernández
691 50 16 22 / 666 89 03

Baga.10

Baga

Bagacc

Bagadd

Bagadddd

Bagaeee

Bagakichen

Bagar