search


Tipografía Gaspar

gaspar_01

Tipografía Gaspar from EASD Antonio Failde Ourense on Vimeo.

Tipografía Gaspar
Carlos Alonso
Proxecto final de Carreira dos Estudos Superiores de Deseño Gráfico. Curso 2011-12
Gaspar pretende ser unha familia Serif Exipcia concebida para o uso editorial intensivo. A principal meta converteuse en ser unha tipografía de edición que permitise atinxir a lexibilidade e evitar que o texto se convertise en algo denso. Este tipo de familias Exipcias constrúen o carácter desde a concepción humanística, de aí que conserve tanta importancia o efecto da modulación. Adáptase perfectamente a traballos de impresión,como revistas ou xornais, grazas a un contraste moi baixo e a unha excelente textura en texto contínuo.
Os seus trazos mais característicos son os ángulos dos seus remates e a curva do mesmo. Isto, acrescenta interés visual, tira rixidez e dotan de certa actitude ao carácter. Nas fontes Bold, o principal obxectivo foi equilibrar o peso do contraste e denotar a súa principal virtude de tipografía para texto contínuo.
Carlos Alonso Costa