search


Shadows

Rguez_Celia_PI_15

Shadows
Celia Rodríguez
Para un fotógrafo o máis importante é traballar e entender a súa ferramenta principal e máis valiosa, a luz. O correcto uso desta fai florecer diferentes perspectivas dunha mesma escena. Isto é, que un fotógrafo nunha mesma estancia poida, segundo a luz e o uso da cámara, percibila de moitas maneiras distintas. Así mesmo, tamén é importante entender o comportamento das sombras, das zonas que carecen de luz, xa que estas poden transmitir sentimentos e emocións da mesma maneira que o fai a luz. Ademais, luz e sombra son dous complementarios que coexisten innegablemente. Por exemplo, aínda que realicemos unha fotografía infestada de luz ten que existir as sombras para crear profundidades de campo e os volumes.
Shadows é un proxecto que trata sobre as sombras e como estas transforman os espazos que coñecemos. E, é que ao fotografar sombras e expor para que estas sexan máis marcadas, somos capaces de xerar un espazo completamente distinto ao orixinal. Cada elemento existente neste mundo que nos rodea ten uns límites marcados, son finitos. Estes bordos marcan o principio e o final para que, segundo caia a luz, xere unha cara solaina e outra umbría. Xogando con ese elemento e, como nomeei anteriormente, pódense xerar diversas perspectivas. Un claro exemplo deste tipo de fotografía e que foi un gran referente para min á hora de realizar este proxecto é Ray K. Metzker.

Rguez_Celia_PI_16

Rguez_Celia_PI_07-08

Rguez_Celia_PI_03-04