search


Northink

nortnhink02

Northink

Fátima Valle. 2012.

O proxecto, exposto por unha empresa de próxima creación, consiste na realización dunha imaxe de marca téxtil Premium e un Departamento interno dedicado á xestión e organización de eventos de alto nivel.
O carácter integral e as dimensións deste proxecto requiriu unha planificación ordenada para executar con eficacia todo o proceso de Deseño. A extensión dos seus contidos abarcou moitos ámbitos, desde a creación de namings, logotipos, identificadores, papelería básica, tipografías, publicidade urbana, deseño web até liñas gráficas específicas, packagings ou deseño gráfico téxtil. Case todos estes puntos foron desenvolvidos por duplicado ao ter que abordar, por unha banda, a marca generic Premium e, por outra, o Departamento de eventos. A empresa estableceu un planing de actuación abordando a definición do branding xeral mediante diferentes e detallados briefings, concibidos explicitamente para o desenvolvemento do Deseño. Todos eles móstranse no inicio dos apartados correspondentes. Finalmente, unha das maiores dificultades á hora de levar todo o proceso a cabo foi conseguir un vincula estético e iconográfico capaz de sintonizar ambas as identidades sen provocar interferencias nin prexudicar a autonomía de cada unha delas. O compoñente creativo, a sintonía publicitaria, a redución de elementos gráficos e a aproximación nos deseños de ambos son algúns dos factores máis tidos en conta.

http://www.northink.es
http://www.sowhat.es