search


Espazo coworking

3

ESPAZO COWORKING
IRIS, VILA
PROXECTO FINALISTA PREMIOS MESTRE_2019

SITUACIÓN
Nunha dás rúas mais transitadas e céntricas de Vigo atopase unha pequena igrexa rodeada por un asilo que forma parte dá cidade dende 1892. No 2001, queda abandoada, as suas imaxes relixiosas substituídas por pintadas, convertíndose en refuxio pa persoas sen teito e vertedeiro. Aínda así, as suas portas corredeiras seguen abertas, desexando ser rescatadas por unha nova comunidade.
IMAXINASTE CONVERTER A IGLEXA NUN ESPAZO COWORKING DO SÉCULO XXI…?
Así naceu o obxetivo fundamental do proxecto, crear un espazo que teña como columna vertebral unha estrutura similar a si mesma: un lugar onde compartir, convivir, ofrecer axuda a outros, crear unha comunidade de apoio e crecemento nun ambiente cómodo; de progreso e mellora, onde se fomente o traballo en equipo e a cooperación entre individuos, ademais do traballo persoal.
Ao mesmo tempo analizouse o soleamento, potenciando ao máximo a luz natural nos espazos segundo a súa necesidade.
ACCESO E ORGANIZACIÓN
O acceso ao coworking prodúcese a través dunha rampa, que xera un percorrido que desembarca nun espazo de transición entre o exterior e o interior.
Ao entrar na nave recíbenos un espazo aberto de gran altura. Ao fondo, unha fachada interior composta por lamas de madeira que delimita a zona dedicada ao traballo co resto da nave.
Tras ela xéranse tres alturas vinculadas ao traballo necesario nun coworking: A planta destínase ao descanso e ao lecer, a intermedia a un espazo de traballo flexible e a última dedícase ao espazo de traballo.

ILUMINACIÓN

O espazo caracterizarse por ser flexible, non só na súa distribución senón tamén na iluminación. En todo o proxecto utilízase un sistema de iluminación móbil. SÍ, vas poder desprazar as luminarias e substituilas por outras segundo as necesidades.
FLEXIBILIDADE Na súa totalidade o proxecto vaise a caracterizar por adaptarse ás necesidades dos usuarios, xa que cada un terá a súa forma de relacionarse co espazo. A segunda planta proxéctase con paneles móviles que se desprazan por rieles ocultos no falso teito podendo obter diferentes configuracións como:
zona para reunirse con grupos de traballo, realizar vídeo chamadas, ou xerar mini oficinas para pequenas empresas emprendedoras. En caso de necesitar o espazo totalmente aberto os paneis pódense almacenar nos armarios laterales.

MOBILIARIO
O coworking contén un mobiliario móbil, co que podemos configurar espazos expositivos, zonas de reunión, charlas … Mediante un sistema de rieles integrados no pavimento son fácilmente desplazables sen esforzo. Todos está fabricados a base de paneis reciclados OSB en acabado natural ou lacados en branco.

DESEÑO SOSTIBLE
Auga: O edificio incorpora un sistema de reutilización da auga pluvial para o aseo, do mesmo xeito que sistemas automatizados para controlar sanitaria e a de limpeza.
Enerxía: A distribución interior está deseñada para captar ao máximo a luz solar e favorecer a ventilación natural cruzada. Respecto á climatización o edificio conta con bomba de calor con apoio de paneis solares.
Materiais: En xeral utilízanse materiais de proximidade e reciclados. Tamén se incorporan contedores para reciclaxe de todo tipo de residuos.

1-2

2-2

2-copia-P

5-copia

6-2

6

7

8-2

9-2

11

2-ESTADO-REFORMADO

6-ESTADO-REFORMADO--SECCIONES-2

13-DETALLES-CONSTRUCTIVOS

23-MOBILIARIO