search


Daletra

Encarte_Daletra

Daletra
Xavier Álvarez Franco
Traballo Final de Estudos
Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico. Curso 2016-2017.

A miña proposta para o Traballo Fin de Estudos (TFE) das Ensinanzas Superiores de Deseño, na especialidade de Deseño Gráfico, foi a creación ou selección e tradución dos contidos, e deseño dunha publicación (Daletra) sobre a letra que, fundamentalmente, recollera e contivera información sobre todos os xeitos posibles de representación deste signo gráfico do noso sistema de escritura. Faríao con especial atención á letra tipográfica, tanto á impresa, como á representada nunha pantalla. Así deberían caber nesta publicación calquera tema relacionado coa escritura manual, coa caligrafía, coa rotulación e coa tipografía de calquera época, fora cal fora a ferramenta, a técnica ou a tecnoloxía empregada para a súa representación. Un condicionante fundamental da publicación era que todos os textos estarían redactados en galego. A publicación materializaríase nunha revista (Revista galega Daletra) impresa dixitalmente, cun inserto composto e impreso tipograficamente. Pero sería complementada, que non versionada, na Rede (daletra.eu). Este complemento recollería resumos dos temas tratados na revista, tratando de ampliar contidos (que sería imposible ofrecer na versión física), e propor e fomentar debates sobre estes contidos entre os lectores, ou calquera outra persoa interesada nestes temas.

Impresion_Daletra

web_Daletra_inicio

tarxeta_Daletra_reverso

web_Daletra_revista

web_Daletra_textos

tarxeta_Daletra_anverso

revista_Daletra_cuberta

revista_Daletra_grella

revista_Daletra_18_19

revista_Daletra_6_7