search


C5

Ebanistería-Ourense-C5_7733-b

Deseñador-ebanista: DANIEL VÁZQUEZ FÉLIX
Nome: C5
Material: Carballo e nogueira
Ano: 2018-19

Utilizando como referente a obra minimalista de Sol Lewitt e Donald Judd, C5 é unha estrutura deseñada desde o esencial, desde o exento que trae ás nosas mentes a idea de pureza e simpleza.
O seu nome fai referencia ao número de cubos do que está formado. Un moble que proporciona unha opción de almacenamento e apoio mentres preserva todo o seu potencial escultórico.
Construído en madeira de carballo e nogueira destaca, ademais da súa marcada forma cúbica, a continuidade da súa veta por todo o moble preservando a textura natural do material. Este é enlazado de forma especialmente coidada xerando unións limpas e elegantes como o triplo bispel que podemos atopar nos cubos laterais. Os mesmos que podemos usar a modo de tiradores para acceder ao caixón dunha forma moito máis cómoda.
O caixón está disposto discretamente de forma que non é o caixón o que ten un movemento para abrir e pechar senón a caixoneira na que se gorece. Desta forma o moble actúa en todo momento como unha peza escultórica que nos lembra ás obras de Donald Judd.
É unha repisa flotante cun alto poder estético que se sustenta nunha parte destacada da historia da arte moderno, que respecta a beleza natural dos materiais e que proporciona unha opción de almacenamento de forma sutil

Ebanistería-Ourense-C5_7735-b