search


12 aniversario 4Elementos

Gráfica do 12 Aniversario da empresa 4Elementos.
Patricia Veiga Ampudia
Traballo Final de Estudos 2019
Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico

Foi necesario dotar dunha identidade común sen discrepancias a todas as accións e aplicacións realizadas. A campaña gráfica é inclusiva/conectora, a idea conceptual é a de construír, cumprir un ano máis. Móstranse todos os conceptos citados anteriormente mediante elementos arquitectónicos, principalmente as vigas; os alicerces que sustentan toda a carga. As vigas son a representación dos cimentos, de todo o que hai detrás dunha estrutura , cada peza é importante, as vigas están unidas entre si, fala estreitamente da unión do equipo, da unión cos colaboradores, utilizando as liñas descontinuas para falar da proxección, a unión entre presente, pasado e futuro. Pretendeuse plasmar una serie de conceptos estreitamente relacionados: crecer, cumprir (+1), reformar, mellorar, peza (compoñente/equipo), cimentos, bases,… Á vez isto aúnese co concepto de colaboración e a estética obreira. Búscase que todo estea ben compactado, ben atado. Preténdese captar novos coñecedores/clientes mediante unha aparencia urbana, elegante, fresca e cun toque despreocupado. Cor e tipografía teñen un peso importante nas composicións. Preténdese buscar un toque moderno e contemporáneo. Trabállase co mesmo concepto en todas as aplicacións pero dotándoo dunha aparencia distinta, distintos tipos de ensamblaje. As aplicacións realizadas son: o mailing, portada tenda online (versión pc e versión móbil), post Instagram Facebook e Twitter, stories Instagram, adhesivos e material pantallas (pantalla modular e cristal view). En 4Elementos a canle escollida para todas as campañas é o online/dixital xa que o seu público obxectivo usa como medio comunicativo o dixital, para comparar, compartir, informarse e estar ao tanto das últimas novidades de 4Elementos.

02_Mailing_Suscriptores-16

03_Storie_Lanzamiento

04_Storie_Colaboradores_Mirror

05_Storie_Colaboradores_Fariña

06_Pegatinas