search


Uqui Permui


gallaecia-espazos-1
publicado
November 14th, 2013
escrito por
grafico
categoría
gráfico, palestras
comentarios
0 comentarios

Creatividade e pragmatismo no deseño gráfico
Palestra de Uqui Permui
Xoves 21 de Novembro às 11:00h.
Salón de actos da EASD Antonio Failde

Cando empezo calquera proxecto sinto a necesidade de pensar… antes de nada: pensar. É así é como eu definiría o deseño: a acción de pensar. Pero obviamente non só con eso chega para que o proxecto se visibilice e chegue ao público, é importante tamén a definición, a diverxencia, a transformación e a converxencia… sobre eso será a conferencia, sobre os procesos de traballo no deseño en xeral, e en concreto a práctica en dous exemplos do meu traballo: unha publicación, Cadernos de Psicoloxía, na que polos anos que levo traballando nela, podo amosar a evolución dende os procesos de composición e collages nos anos noventa ata o momento actual na que a estamos adaptando para ser lida en todo tipo de plataformas electrónicas… O outro proxecto é o desenvolvemento gráfico da exposición Gallaecia Petrea, o seu proceso dende os primeiros bosquexos á elaboración do deseño global da exposición.
uqui2
http://www.uqui.net/proxectos/gallaecia-petrea

Comentar



eight − 6 =