search


Tres pés para un Tríscele


zeltia01_baixa
publicado
March 7th, 2016
escrito por
grafico
categoría
escola, gráfico, palestras
comentarios
0 comentarios

Tres pés para un Tríscele
A identidade gráfica da empresa Zeltia
Palestra de Pepe Barro

A quarta-feira 16 de marzo na sala de actos da EASD António Faílde às 12:00h. teremos de novo o privilégio de assistir a umha palestra magistral do designer gráfico decano por excelência de Galiza. Desta volta com umha história apaixonante e pouco conhecida sobre design, ciência, empresa e identidade nacional em tempos difíceis.

Porqué unha empresa das máis importantes de Galicia, unha das poucas que cotizan na bolsa de de valores, ten como símbolo de identidade un tríscele, e como nome Zeltia, que fan referencia a un pasado mítico do noso país?
A explicación, profusamente ilustrada, é case unha novela de intriga na que se mestura historia, cultura, política, ciencia e a vida de dous irmáns protagonistas: o autor do nome e logotipo e o autor do símbolo.
Primeiro pé. De Céltiga a Zeltia: 1936, Ramiro Isla Couto fuxindo dunha morte segura.
Segundo pé. Un home correndo. 1932, Xaime Isla Couto, un activista en Ultreia.
Terceiro pé. Irmandade Céltiga. 1939, encontro no Porriño.

Pepe Barro

Comentar



two + 8 =