search


Presentación Anuario 2019


publicado
December 15th, 2019
escrito por
multiplavictoruseradmin
categoría
Sin categoría
comentarios
0 comentarios

O xoves 19 de decembro, ás 12:00h. no salón de actos da EASD Antonio Faílde terá lugar a presentación de (0,0) o seu anuario de creatividade 2019. Participará no acto Daniel Vila, do estudo ourensano 988, exalumno da escola e autor do deseño de Fan, o primeiro número en 2009, así como Aroa Lomba e Iván Fernandez, deseñadores de (0,0). Ao finalizar o acto obsequiarase a todas/os as/os asistentes con un exemplar da revista e ofreceranse uns pinchos na cafetería.

.

Como de costume, os contidos distribúense entre proxectos do alumnado de Ebanistería Artística, Ilustración, Fotografía, Deseño de Interiores e Deseño Gráfico, e colaboracións de prestixiosos pofesionais, nesta ocasión con artigos do editor, ensaísta e comisario David Barro e da deseñadora de tipogafías María Ramos.

.

O Anuario da EASD Antonio Faílde ten xa unha traxectoria de 11 anos e os seus obxectivos principais son promover o traballo do noso alumnado, dar a coñecer a oferta educativa da escola e difundir a nosa atividade  na contorna social, cultural, profesional e produtiva. A publicación é distribuída gratuitamente en centros de ensino, institucións académicas e culturais, empresas e profesionais da arte e o deseño.

 Neste tempo temos contado coa colaboración das/os seguintes artistas e deseñadoras/es: Artur Rebelo (R2 Design), Pepe Barro, Uqui Permui, Dino dos Santos, Laura Messeguer, Josep Mª Mir, Andrew Howard, Marcos Vinicius de Souza, Iván Prieto, Miguel Mosquera, Óscar Gonfer, Cibrán Rico e Suso lópez (Desescribir), Dani Bembibre e David Silvosa (Costa Comunicación), Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río (Cenlitrosmetrocadrado), Marcos Dopico, Xosé Lois Vázquez, Xurxo Baca, Xosé Antón Castro, Alberto Ariza, Álvaro Valiño, Pablo Otero, Santi Gutierrez, Miguel Robledo, Isabel Seidell, Manuel Álvarez, María Santos e Martiño Fontes (EquipoEme), Simón Blanco, Rodrigo Chao, Alfonso Prada, Rubén Vilanova e Marcos Casas (GrisMedioStudio), Manuela Soto, Víctor González, Jorge Perianes, Manuela Martinez e Carmen García (LaLata), Lois Méndez, Colectivo PuntoOnce, Hector Barros, Elias Cueto e Jorge Carril.

O anuario mantén cada ano a estrutura de contidos, o formato e, nos últimos números, a fonte tipográfica Gaspar, deseño do alumno Carlos Alonso. Polo demais, varía no nome, identificador, deseño e maquetación, fruto das diferentes propostas do alumnado da matéria Deseño Editorial do terceiro curso das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico, de entre as que se selecciona unha, nesta ocasión, a deseñada por Aroa Lomba e Iván Fernández.

Na ligazón http://www.escolarte.com/anuario/ pódense consultar e descargar todos os números publicados.

.

Comentar



nine − = 8