search


FAQS Ensinanzas Artísticas Profesionais

EASD_Web_171122.35

.
MATRÍCULA, PERMANENCIA E PROMOCIÓN

Cal é o prazo de matriculación?
A matrícula de novo alumnado realízase nos prazos estipulados na instrucións de acceso e admisión correspondente a cada curso académico. Habitualmente realízase na segunda quincena de xullo e, caso houber adxudicación extraordinaria de prazas, na primeira semana de setembro.
A matrícula para antigo alumnado será na primeira primeira quincena de xullo.

Podo anular a matrícula?
Sí se é por causa xustificada (enfermidade prolongada, deberes familiares, incorporación a un posto de traballo) poderás renunciar á matrícula, por unha soa vez, dirixindo unha solicitude á Dirección da Escola cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final dos módulos nos que estiveses matriculado. A solicitude deberá ir acompañada de documentación acreditativa que xustifique tal renuncia. Se a Dirección acepta a renuncia, iso NON IMPLICARÁ RESERVA DE PRAZA PARA O SEGUINTE CURSO, de tal forma que se desexas reincorporarte a estes estudos deberás someterte a un novo proceso de admisión.

Cando se produce a anulación de oficio matrícula?
Unha vez iniciado o curso e antes do 31 de outubro se hai unha falta de asistencia continuada de dúas semanas, e tras requerimento escrito o/a alumno/a, este/a non se incorpora nun prazo máximo de 3 días. A/s vacante/s resultante/s será/n cuberta/s polo alumnado en lista de espera.

Cando se produce a baixa de oficio matrícula?
A partir do 31 de outubro e até o final do curso, a Escola poderá realizar baixas de oficio do alumnado que deixe de asistir a clase sen xustificación de forma continuada durante 25 días lectivos, ou 35 días lectivos se é de forma descontinua.

Pódese reclamar unha vacante resultante de unha anulación de oficio ou renuncia de matrícula?
Si, sempre que a lista de espera se corresponde co tipo de vacante. Por exemplo; en 1º curso, a anulación de matrícula de alumnado repetidor non xenera vacante a cubrir pola lista de espera das probas de acceso. As baixas de oficio ou renuncias posteriores ao 31 de outubro non xeneran vacantes.

De cantas convocatorias dispoño para superar os módulos?
Dispós de 4 convocatorias excepto no Proxecto Integrado, para o que dispós de 2. Podes solicitar unha convocatoria extraordinaria por motivos de enfermidade, discapacidade ou outros que che impidan o normal desenvolvemento dos estudos, mediante escrito dirixido á dirección do centro e xustificado documentalmente.

Podo anular as convocatorias dos módulos?
Non. A normativa só contempla a renuncia á matrícula da totalidade dos módulos por unha soa vez e cando concurran circunstancias especiais. Ver segunda pregunta deste mesmo apartado.

Podo promocionar a 2º curso con módulos suspensos?
Sí, sempre que a carga lectiva das asignaturas aprobadas supoña un mínimo do 75% do primeiro curso

.
BECAS
Como solicito unha beca?
A Beca tes que tramitala directamente desde a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches, e unha vez que saia a resolución coa concesión ou denegación, deberás informar á Secretaría da Escola. Debes ler con atención a normativa relativa ás Becas, é a túa responsabilidade; prazos de tramitación, requisitos académicos respecto ao número mínimo de créditos nos que debes estar matriculado/a, se son computables os créditos das disciplinas recoñecidas ou convalidadas, etc…

.
PROXECTO INTEGRADO E PRÁCTICAS EXTERNAS

Podo realizar o Proxecto Integrado (PI) con módulos suspensos?
Debes ter todos os módulos aprobados agás a Formación Práctica en Empresas.
Excepcionalmente a xefa de estudos poderá autorizarche a realización do PI con módulos suspensos sempre que a suma dos créditos ECTS non sexa superior a 18 e se teñan superados os módulos de Proxectos.

Debo matricularme de novo para presentarme á convocatoria de decembro do PI?
Si, aínda que sexa a convocatoria extraordinaria correspondente á matrícula do curso anterior, a nova matrícula é precisa para a xestión dos procedementos administrativos implicados

Podo realizar a Formación Práctica en Empresas con módulos suspensos?
Debes ter todos os módulos aprobados agás o Proxecto Integrado
Excepcionalmente a xefa de estudos poderá autorizarche a realización das PE con módulos suspensos sempre que a suma dos créditos ECTS non sexa superior a 18.

Podo solicitar a exención da formación Práctica en Empresas se teño experiencia laboral?
Si, poderá ser total ou parcial e sempre que se acredite unha experiencia laboral de, polo menos, un ano nun campo profesional directamente relacionado co do ciclo formativo de grao superior correspondente.

.
VALIDACIÓN E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS

Cando e onde se presentan as solicitudes validación e/ou recoñecemento de módulos?
A solicitude, dirixida á Dirección Xeral de Educación, debe presentarse na secretaría da escola no prazo máximo de 1 mes iniciado o curso e a Dirección Xeral resolve no prazo máximo de 3 meses desde que recibe a documentación.
Os estudos recoñecidos non poderán superar o 60 por 100 dos créditos do plan de estudos ou do currículo do título que se pretende cursar.

.
ASISTENCIA

Que ocorre se teño faltas de asistencia ás clases?
Se o número de faltas , independentemente de que estas sexan ou non xustificadas, é superior ao 10% da carga lectiva, perderás o dereito á avaliación contínua e serás avaliado con un sistema alternativo.

É obrigatoria a asistencia ás actividades complementarias á formación (ACF)?
Si, aquelas ACFs (conferencias, talleres, exposicións, etc…) programadas en horario lectivo, tanto dentro como fóra da escola. e que non che repercutan económicamente. A non conparecencia ás mesmas deberán ser anotadas polo profesorado como faltas de asistencia. As que se desenvolvan fóra do horario lectivo e/ou supoñan custe económico para o alumnado serán opcionais.
.

MÁIS INFORMACIÓN:
BOE-A-2012-13639_fotografia
BOE-A-2012-13640_Ilustración
BOE-A-2015-4384_ebanisteria_artistica
DOG_curriculo_fotografia
DOG_curriculo_ilustracion
DOG_curriculo_ebanisteria_artistica
Instrucion FCT e PI CS Artes plásticas 2015
DOG_Orde.Avaliación.Ciclos_2008
Resumo normativa EEAAPP