search


Prazas vacantes


prazas-vacantes_640
publicado
September 22nd, 2017
escrito por
secretaria
categoría
escola, noticias
comentarios
0 comentarios

Transcurridas as dúas convocatorias de xuño e setembro das probas de acceso para o Curso 2017-2018 ás Ensinanzas Artísticas Profesionais e ás Ensinanzas Artísticas Superiores e os seus correspondentes prazos de matriculación e constatada a existencia de prazas vacantes na EASD Antonio Faílde nas Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores, así como nos Ciclos Formativos de Grao Superior de Fotografía e Ebanistería Artística, ábrese un novo prazo de matriculación entre o luns 25 e o venres 29 de setembro de 2017 para quen teña superadas as probas específicas de acceso das convocatorias de xuño ou setembro e estexa nas listaxes de agarda, así como para quen estexa en posesión da titulación requerida para o acceso directo a estes estudos.

Ensinanzas Artísticas Profesionais;
Ciclos Formativos de Grao Superior de Fotografía e Ebanistería Artística
Proba específica
Proba específica de acceso á familia das Ensinanzas Artísticas Profesionais de Comunicación Gráfica e Audiovisual (Fotografía e Ilustración) ou Ensinanzas Artísticas Profesionais de Deseño de Produto (Ebanistería Artística) superada.
Acceso directo:
Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia das Ensinanzas Artísticas Profesionais de Comunicación Gráfica e Audiovisual (para Fotografía e Ilustración) ou Ensinanzas Artísticas Profesionais de Deseño de Produto (para Ebanistería Artística), ou título declarado equivalente,
Título de Bacharel, na modalidade de artes, ou de Bacharelato artístico experimental,
Título superior de Artes Plásticas
Título Superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes,
Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades,
Licenciatura en Belas Artes, Arquitectura o Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.

Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño;
Deseño de Interiores
Proba específica
Proba específica de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño superada
Acceso directo:
Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño

Comentar



8 + = fifteen