search


Prácticas en empresas (ensinanzas profesionais)

PRÁCTICAS EN EMPRESAS, ESTUDOS E TALLERES
Nos ciclos formativos de grao superior das Ensinanzas Artísticas Profesionais, ( no caso da EASD Antonio Faílde, nas especialidades de Ilustración, Fotografía e Ebanistería Artística), complementaria á formación modular ( 1.850 horas e 114 créditos ECTS ) existe unha fase de formación práctica de 150 horas e 6 créditos ECTS,

A fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres ten como obxectivos os seguintes:
1º. Completar a formación académica do alumnado mediante a integración nas rutinas diarias de traballo dunha empresa, axencia, editorial ou estudio de ilustración e a realización das funcións profesionais correspondentes ao seu nivel formativo.
2º. Facilitar a toma de contacto do alumnado co mundo do traballo e a incorporación ao sistema de relacións sociais, laborais e técnicas da empresa.
3º. Contrastar os coñecementos, formación e capacitación acadados no centro educativo coa realidade empresarial e laboral do sector.
4º. Permitir ao alumnado que, a través do contacto coa empresa, incorpore á súa formación os coñecementos sobre a propia especialidade, a situación e relacións de mercado, as tendencias artísticas e culturais, a organización e coordinación do traballo, a xestión empresarial, as relacións sociolaborais na empresa, etc., necesarios para o inicio da actividade laboral.
5º. Acadar os coñecementos técnicos de útiles, ferramentas, materiais e maquinaria que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ao alcance do centro educativo.
6º. Participar de xeito activo nas fases do proceso de produción baixo as orientacións do/a titor/a ou coordinador/a correspondente.
7º. Aplicar os coñecementos, habilidades e destrezas acadados durante o período de formación teórica e práctica impartida no centro educativo.

O seguimento e avaliación da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres corresponderalle ao/á titor/a de prácticas designado/a polo centro educativo, quen tomará en consideración o grao de cumprimento dos obxectivos e a valoración que realice a empresa, estudio ou taller.

Para información adicional prégase enviar un correo electrónico ao Xefe de Departamento de relacións con empresas e talleres Javier Fernández Alonso: [email protected]
AULA VIRTUAL