search


Perfil de ingreso Deseño Gráfico

O perfil de ingreso para realizar os estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico é o dun nivel de bacharelato. As sensibilidades, aptitudes e capacidades específicas idóneas son as seguintes:
- Capacidade para expresarse con corrección por escrito e oralmente.
- Capacidade de autoaprendizaxe.
- Coñecementos básicos e interese sobre a cultura nas súas diferentes expresións e contextos.
- Interese e coñecemento básico do deseño nas súas manifestacións históricas e contemporáneas.
- Sensibilidade no ámbito do deseño e das Artes visuais.
- Aceptación, sensibilidade e curiosidade ante a diversidade cultural e as súas manifestacións.
- Predisposición para tomar decisións de maneira autónoma.
- Capacidade para defender as propias ideas e receptividade ante as observacións críticas.
- Dispoñibilidade para traballar en equipo.
- Constancia e autoesixencia no traballo.
- Capacidade de planificación do seu traballo persoal.
- Capacidade de adaptación aos cambios culturais e técnicos.
- Capacidade para adaptarse á utilización das novas tecnoloxías e avances informáticos.
- Familiaridade con Internet como fonte de documentación e de intercambio de información.
- Predisposición para resolver con autonomía e creatividade a realización dos traballos.
- Predisposición para a aprendizaxe e uso de varias linguas.